Archivo mensual: diciembre 2013

image

Anuncios

Este ano ademáis dos adornos da árbore de nadal fixemos moitos máis adornos e traballiños con materiais de refugallo, da contorna ou elementos que podemos atopar pola nosa casa, como: botón, rollos de papel hixiénico, corchos, cartóns das caixas de froitas, papel de aluminio,…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own digital slideshow

O último día estivemos moi ocupados. Cantamos a nosa simpática panxoliña coa linguaxe de signos no noso festival de cantos de nadal, tan típico nestas datas. Despois de escoitar a rondalla da escola baixamos ao pabellón para falar con Papá Noel e facer xogos diferentes cun paracaídas ou xogos con pelotas. E para remate final todos xuntos bailamos cos monitores unas danzas fenomenais.


Nos últimos días do curso, antes das vacacións do Nadal, os sapiens andiveron moi liados preparando moitisimas cousas, como por exemplo: as cartas dos reis. Imos deixarvos un resumo de como prepararon as cartas, como llas entregaron ao paxe real e case sen darnos conta apareceron os Reis Magos para facerse una foto con todos os pequesreboreda.



Aquí vos deixamos varias propostas para facer cos nen@s estes días do Nadal:

NADAL CULTURAL EN REDONDELA

Tedes o programa no título. Pero ademáis tamén podedes:

futbolchapelacabalgata

 
LECER NO NADAL EN PONTEVEDRA
Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto ferial de Pontevedra  de 16.30 a 21, agás o 24 e o 31 que pecha ás 19 horas. O día 25 e o 1 de xaneiro estará pechado. Por un euro tedes hinchables, xogos, talleres… para disfrutar cos peques. Ademáis, podedes aproveitar e ir a pista de xeo, entre 2 e 5 euros máis. Se clicades no título podedes ver ademáis a programación do nadal en Pontevedra.

DAYS OF DINOSAUR

No Ifevi de Vigo tedes esta impresionante exposición. Durante o nadal abrirá todas as tardes de 16.30 a 21 horas. Os nen@s poden ver os dinosaurios e xogar con diferentes propostas. A entrada custa 9 euros para os adultos e 6 para os nenos. No título podedes acceder a páxina da exposición. Esta en inglés pero davos una idea do que ides ver.

CIRCO DO NADAL

Na avenida de Castelao en Vigo tedes este orixinal circo onde podedes disfrutar nenos e maiores.

Isto é un anticipo:

Aquí vos deixo máis información:

nadal

VIGOLANDIA:
Un ano máis, dende o 26 e ata o 31 de decembro tedes no IFEVI de Vigo un parque de ocio para os peques con hinchables, talleres plásticos, videoxogos… Dende ás 12 ata ás 20 horas, agás o 26 que comeza as 16h. Ademáis, podedes aproveitar para levar xoguetes e alimentos non perecederos porque haberá un punto de recollida. A entrada custa 3 euros.

 

 


Este luns 23 as 18.00 horas no Multiusos o Piñeiral de Chapela tedes a película O bosque animado de balde.

image



A %d blogueros les gusta esto: