Esta semana comezamos a xogar coas letras do abecedario. O meu obxectivo é ensinar aos Cocoricos a xogar a “Apalabrados” pero iso será ao final do proceso. De momento comezamos formando palabras, para iso, cada equipo tiña letras do abecedario e debía formar palabras. As regras do xogo eran:

AS PALABRAS DEBEN SER DE 4 LETRAS COMO MÍNIMO
– NON VALEN NOMES PROPIOS
– UNHA VEZ USADAS AS LETRAS NON SE PODEN VOLVER A USAR (AGÁS QUE DESFAGAMOS A PALABRA, PERDEMOS OS PUNTOS E PODEMOS USAR ESAS LETRAS)
– O EQUIPO AO QUE LLE QUEDEN MENOS LETRAS SEN USAR LEVAN DOBRE PUNTO.

Os Cocoricos fixéronno xenial. Aquí tedes un resumo:

Anuncios