Que semana tan intensa tivemos os Cocoricos. Coma dixo Paula, nesta semana “todos os días son especiais”. Comezamos o luns facendo a carta para os Reis Magos. Cada un fixo a súa, escribiron sos e fixéronno moi ben, claro, tiña que estar todo ben escrito e bonito para que lles gustase aos reis.
Coas cartas listas so faltaba a visita do paxe e, o xoves, apareceu na nosa aula. Ao principio estabamos moi nerviosos pero, pouco a pouco, fómonos soltando, sobre todo, cando nos dixo que había máis sorpresas!
Os Cocoricos tiñan claro que esa sorpresa so podían ser os Reis Magos e non andaban moi equivocados…!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow design
Anuncios