Aquí vos deixamos varias propostas para facer cos nen@s estes días do Nadal:

NADAL CULTURAL EN REDONDELA

Tedes o programa no título. Pero ademáis tamén podedes:

futbolchapelacabalgata

 
LECER NO NADAL EN PONTEVEDRA
Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto ferial de Pontevedra  de 16.30 a 21, agás o 24 e o 31 que pecha ás 19 horas. O día 25 e o 1 de xaneiro estará pechado. Por un euro tedes hinchables, xogos, talleres… para disfrutar cos peques. Ademáis, podedes aproveitar e ir a pista de xeo, entre 2 e 5 euros máis. Se clicades no título podedes ver ademáis a programación do nadal en Pontevedra.

DAYS OF DINOSAUR

No Ifevi de Vigo tedes esta impresionante exposición. Durante o nadal abrirá todas as tardes de 16.30 a 21 horas. Os nen@s poden ver os dinosaurios e xogar con diferentes propostas. A entrada custa 9 euros para os adultos e 6 para os nenos. No título podedes acceder a páxina da exposición. Esta en inglés pero davos una idea do que ides ver.

CIRCO DO NADAL

Na avenida de Castelao en Vigo tedes este orixinal circo onde podedes disfrutar nenos e maiores.

Isto é un anticipo:

Aquí vos deixo máis información:

nadal

VIGOLANDIA:
Un ano máis, dende o 26 e ata o 31 de decembro tedes no IFEVI de Vigo un parque de ocio para os peques con hinchables, talleres plásticos, videoxogos… Dende ás 12 ata ás 20 horas, agás o 26 que comeza as 16h. Ademáis, podedes aproveitar para levar xoguetes e alimentos non perecederos porque haberá un punto de recollida. A entrada custa 3 euros.

 

 

Anuncios