O último día estivemos moi ocupados. Cantamos a nosa simpática panxoliña coa linguaxe de signos no noso festival de cantos de nadal, tan típico nestas datas. Despois de escoitar a rondalla da escola baixamos ao pabellón para falar con Papá Noel e facer xogos diferentes cun paracaídas ou xogos con pelotas. E para remate final todos xuntos bailamos cos monitores unas danzas fenomenais.

Anuncios