Archivo mensual: enero 2014

Cando fomos a ver a obra “Os tres porquiños” gravamos as cancións porque eran moi animadas. Aos Cocoricos encántanlles e, de cando en cando, mentres traballamos póñollas de fondo.
Onte estáballes preparando un vídeo con todas elas e quixeron volver a escoitalas así que puxen os altofalantes. De repente deixaron de xogar nos recunchos e fóronse aproximando a pantalla e, así, coma un xogo máis comezaron a bailar. Están para comelos.


Esta semana nas clases de bimodal traballamos moito. Pero a primeira clase poréivola máis adiante porque é un traballo que imos ir completando na aula pouco a pouco. De momento déixovos un pequeno repaso dos transportes e animais pero incorporados en frases moi sinxelas.


Seguimos co noso proxecto de Redondela. Unha das primeiras cousas que querían investigar os Cocoricos era a Xan Carallas. Buscamos información e resulta que hai diferentes historias sobre este peculiar personaxe. Escollemos a que máis nos gustou e os equipos escribiron a historia para logo contala entre todos. Estade atentos para coñecer mellor ao fundador da nosa vila.


Como sabedes cada semana os Cocoricos xogamos ao aforcado así que sempre andamos procurando xogos novos que os teñan enganchados. Se hai algo que lles gusta aos Cocoricos é a tele así que desta volta xogamos ao aforcado de pelís. Algúns títulos están en inglés e, inda así, acertaron todas. Agora podedes retalos e xogar xuntos na casa, a ver quen gana!!!

ahorcado pelis


Esta semana que entra imos celebrar o día da PAZ. A nosa amiga Belén Junquera creou este symbaloo cheo de recursos para poder traballar esta data. Aquí volo deixo. Unha vez máis, moitas grazas Belén.
pazsymbaloo


SITEXOGOS

Dende fai un tempo ao aumentar os contidos do blog, os nen@s viñan reclamando un lugar no que fose máis sinxelo atopar os xogos. Por iso creamos unha páxina. Tédela na barra superior, onde pon XOGOS, ao lado de BIMODAL E LSE.
Aquí tedes recompilados os xogos de lecto e lóxica que imos levando a cabo nas aulas, na aula de informática, nas rutinas… É un xeito de telos ordeados e visibles para non ter que pescudar en todo o blog na súa procura. Esperamos que vos sexan de utilidade.

Clicade na imaxe e iredes a un site onde están os xogos recollidos.

 


NO COLE TEMOS INVITACIÓNS PARA A EXPOSIÓN CANINA DE VIGO. SON SÓ PARA OS NENOS/AS, OS ADULTOS TERÍAN QUE PAGAR A SÚA ENTRADA.

OS QUE QUEIRAN ASISTIR PÓDENLLAS PEDIR Á PROFE ANA Á SAÍDA OU QUE ENVÍEN UNHA NOTIÑA NA BOLSA DA MERENDA. O QUE VOS PEDIMOS É QUE, COMO NON HAI PARA TODOS OS NENOS/AS DE INFANTIL, AS RECOLLAN SOAMENTE AQUELAS FAMILIAS QUE VAIAN A ASISTIR.

SREBOREDA14011714550



A %d blogueros les gusta esto: