Jose Luis, estivo de aniversario neste mes de Decembro e para celebralo fixemos divertidas árbores de nadal con queixiños, pauciños de pan, virutas de chocolate e un cereal de estrela. E para completar a merendola os sapiens compartiron todo o seu aguinaldo co resto dos peques de Reboreda. Pero o mellor estaba por chegar cando, de repente, entraron pola porta os tres Reis Magos, querían ver polos seus propios ollos o que ben que se portaban os nosos peques. Déronnos unha enorme sorpresa!!!

Anuncios