Xa de volta e coas pilas cargadas empezamos este trimestre cunha visita sorpresa e inesperada. Oliver, o tío de Álvaro, atopábase aquí pasando uns días cuns familiares e veu a visitar a clase do irmán de Álvaro para falarlles sobre as súas viaxes, así que os Cocoricos non quixemos perden a oportunidade e apuntámonos tamén.
Enterámonos que traballa como guía de expedicións de deportes de aventura e ademais participa en proxectos humanitarios. Visitou e vivíu en diferentes países dos que nos ensinou unhas fotografías impresionantes e comentounos un sinfín de curiosidades como podedes ver nos seguintes vídeos.

Grazas Oliver e Carla por compartir con nós as vosas experiencias!
A PROFE LUISA POR ACORDARSE DE NOS E AOS VINCIS POR RECIBIRNOS UNHA VEZ MÁIS!

Esperamos voltar a vervos!


Anuncios