Archivo mensual: febrero 2014

De todas as ordes do meco, ano tras ano este día sempre é o favorito dos nosos peques. E nesta ocasión estaban de luxo:

pixama

E MAÑÁN:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Estes días de entroido igual tedes oportunidade de facer unha escapada en familia. Se podedes e vos apetece tedes un bo plan na Coruña, no MUNCYT. Aquí vos deixo a proposta.

Aprovechando unas fechas y una celebración tan arraigada con es la del Carnaval, ¿por qué no convocar a todo aquel que se anime a personarse en el MUNCYT luciendo sus mejores galas, en este caso entendidas como disfraces de elaboración propia inspirados en la ciencia y la tecnología? Todos aquellos que desde el sábado 1 hasta el domingo 9 de marzo se personen –y quieran- podrán llevarse de recuerdo una fotografía en compañía de Pepe Xán y Marilú, los robots del Museo. Y ese no es el único obsequio que se podrán llevar… Y si todavía no te ha llegado la inspiración, toma nota de estas sugerencias: puedes venir disfrazado de científico histórico (Si es de Arquímedes no te olvides la bañera); de aparato, máquina o herramienta (cafetera, probeta, termómetro ..): o de “concepto”: átomo, ión, neurona, planeta, …

M.B.

Se clicades na imaxe podedes ir ao enlace completo:

disfraces_muncyt_350X350


A semana nas clases de bimodal aprendemos moitísimas cousas. Por unha banda tivemos tema novo: as partes da casa.

Despois de repasalas e xogar ao bingo para que nos quedasen mellor, a profe Alejandra propúxonos un xogo moi divertido e co que aprendemos unha chea; o xogo da verdade ou mentira. Ela dicía unha frase en signos e tiñamos que dicir se era verdade ou mentira e traducila. Parece sinxelo pero é unha actividade moi, moi difícil e os Cocoricos fixéronno xenial. Despois ata se atraveron a facer eles as frases. A profe Alejandra máis eu quedamos moi sorprendidas!!!


Cada día estamos máis e máis guapos. Isto de ir engadindo elementos favorécenos moito. Mirade, mirade!!!

ENTROIDO

E PARA MAÑÁN:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Este martes todos viñemos ao cole uniformados seguindo as ordes da Coca Simona. Estabamos moi guapos!!! Clicade na imaxe para vernos.

ENTROIDO

E NON VOS ESQUEZADES MAÑÁN:
OLYMPUS DIGITAL CAMERA


E coma sempre toca festa, disfrutar e pasalo moi, moi ben. Hoxe fixemos unha ficha de entroido e uns bandeiríns para o correo que quedaron moi simpáticos, pero, o mellor de todo foi cumprir a orde do meco que este ano é a COCA SIMONA e mandounos traer a cabeza tapada. Mirade que guapos estábamos!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow customized with Smilebox

NON VOS ESQUEZADES CUMPRIR A ORDE DE MAÑA!!!
OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Arrancamos xa!!! Aquí vos deixo un symbaloo con recursos de entroido onde podedes atopar xogos, enlaces do entroido no mundo, manualidades… Eu xa saquei ideas para esta semana. Espero que poidades aproveitar algún dos recursos.

symbaloo entroido



A %d blogueros les gusta esto: