De novo, os sapiens voltan a recibir moitos e-mails cargadiños de fotos especiais. Dámoslles as grazas a todas as familias por facilitarnos estes correos cos que levamos a cabo unha actividade moi educativa, na que aprendemos a falar en público, deixamos a timidez a un lado, descubrimos que non podemos ser o centro de todas as conversas, aprendemos tamén as normas de comunicación, como: esperar o turno de palabra, aprendemos a falar alto e claro, aprendemos a escoitar aos outros,… Unha actividade moi especial para todos os peques, porque ensínannos un pedaciño dos seus momentos máis íntimos e especiais.

Nesta ocasión imos a escoitar a tres sapiens moi divertidas, pero como falaron tantísimo tivemos que facer dous vídeos. No primeiro poderedes ver a Ana e a Nerea e no segundo a Dara. Merece a pena velas porque están para comelas e o resto dos sapiens….. para comelos a bicos!!!

Anuncios