Dende fai unhas semanas nas clases de bimodal ademais de xogar aos lotos (bingos) de vocabulario, aprender novos signos e repasar algúns outros, estamos a traballar gramática. Trátase de explicarlle aos nen@s e sempre tendo en conta a súa idade coa funciona unha lingua, neste caso a LSE e coma a posición dos signos e similar, o que muda é o movemento.

Para iso a profe Alejandra explicounos coma moitos signos parten da posición de A e estivemos vendo que sabiamos moitos nesta posición. Despois tamén falamos doutras posición que non necesariamente forman letras porque non todos os signos parten das letras.

A partir dese momento os Cocoricos entusiasmáronse polo tema e decidimos seguir investigando.

Aquí vos deixo un adianto.

Anuncios