Comezamos unha nova aventura e estamos moi emocionados co que vai a pasar a partir de agora.
Dende hoxe e durante as vindeiras semanas os Cocoricos van levar unha maleta viaxeira para casa. A nosa maleta chámase “De viaxe coa Coca Simona”. Nela temos diferentes cousas de Redondela para os nen@s e familias e ademais un pequeno traballo para facer na casa.
O portador da maleta debe cubrir unha ficha onde fale do seu lugar favorito de Redondela. A súa familia ten máis traballo. Ten que contarnos algunha cousa da nosa vila que logo poidamos traer a aula.
Na maleta vai este libro con toda a información e indicacións para o traballo:
LIBRO COCA
Fixemos unha reunión coas familias o martes para plantexarlles o proxecto. Ao principio houbo medo e reparos pero, coma sempre, sairon moitas ideas que de seguro aproveitaran para sorprendernos na aula.
Estamos desexando que as familias veñan a nosa aula e poidamos seguir aprendendo cousas de Redondela.
QUEREDES VIAXAR CONNOSCO?
POIS AMARRADEVOS QUE COMEZAMOS.</
p>
A primeira protagonista é ALBA que marchou hoxe ben cargada coa maleta.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Create your own digital scrapbooking design

 

Anuncios