Personalmente non me gustan nada este tipo de días pero, a verdade, é que os nen@s están moi emocionados co tema así que creo que na aula teñen que estar, por encima de todo, os seus intereses.
Aproveitando o tema contamos un conto moi simpático de Edelvives que se titula “Que es el amor?” e tivemos un debate moi intenso. Mirade o vídeo porque non ten desperdicio.

Despois aproveitamos para preparar tarxetas de amizade. Usamos cartoliña e pegamos diferentes elementos. Cada un fixo a composición coma quixo e logo repartímolas de xeito que todos recibiran unha tarxeta.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A scrapbook by Smilebox
Anuncios