A semana nas clases de bimodal aprendemos moitísimas cousas. Por unha banda tivemos tema novo: as partes da casa.

Despois de repasalas e xogar ao bingo para que nos quedasen mellor, a profe Alejandra propúxonos un xogo moi divertido e co que aprendemos unha chea; o xogo da verdade ou mentira. Ela dicía unha frase en signos e tiñamos que dicir se era verdade ou mentira e traducila. Parece sinxelo pero é unha actividade moi, moi difícil e os Cocoricos fixéronno xenial. Despois ata se atraveron a facer eles as frases. A profe Alejandra máis eu quedamos moi sorprendidas!!!

Anuncios