Archivo mensual: marzo 2014

Os cociñeiros, Javi e Paula, traballaron un montón na cociña despois de asistir a ese salón do libro tan cociñeiro. Nesta ocasión fixeron biscoito de chocolate e quixeron compartilo con todos os sapiens. Mirade que ben merendamos!!! Non deixamos nin unha farangulla!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design customized with Smilebox
Anuncios

Os peques de Reboreda asistiron entusiasmados ao salón do libro de Pontevedra. Visitaron as instalación e xogaron coas palabras, inventaron historias de cociña e ata deixaron viaxar a imaxinación por diferentes cociñas, a través dos traballos realizados por moitos coles de Pontevedra. Pasámolo xenial e como remate asistimos ao contacontos de “A pota que trota”.

Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!

E así foi a sesión de contacontos


COMO XA PUBLICAMOS ANTERIORMENTE, OS COCORICOS B TIÑAN MOITAS GANAS DE SER MAGOS. TROUXERON ALGÚNS TRUCOS DA CASA MOI DIVERTIDOS E NO COLE TAMÉN AXUDAMOS FACENDO UN GORRO, UNHA VARIÑA E ALGÚN TRUCO MÁIS. AQUÍ VOLOS DEIXAMOS PARA QUE PASEDES UN ANACO ENTRETIDO.

 


Simona e a súa maleta comezaron a súa viaxe da man de Max e da súa familia, nesta ocasión quixeron invitar a un gran amigo da familia, Jose Ángel Xesteira, para amosarnos como era a escola antiga e así comparala coa nosa moderna escola de Redoboreda.

Ademáis de falar da escola tamén quixeron deleitarnos cun pequeno concerto con Jose Ángel e Ana Area. Trouxeron cantigas novas pero tamén tiveron que recordar algunhas das cancións do repertorio do ano pasado e ademáis, con este público tan esixente, tiveron que improvisar e facer a súas propias versión daquelas cancións que lle pedía este pequeno público dando lugar a un resultado sorprendete. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas. Graciñas a Max e á súa familia!!!

Tivemos que facer dous vídeos porque eran tantas as cousas interesantes que non puidemos reducilo moito máis. Neste primer vídeo imos amosarvos as explicacións de Jose Ángel Xesteira e no segundo as cancións destes dous grandes artistas.

Graciñas Ana e Jose Ángel!!!


O próximo martes, 25 de Marzo, os pequesreboreda asistarán ao famoso salón do libro de Pontevedra para ver a exposición feita con todos os traballos das escolas de Pontevedra e logo poderemos asistir a un contacontos especial. Para abrir boca e para que os peques vaian coñecendo o conto aquí vos deixamos este vídeo para que todos poidades gozar del antes de ir de excursión.


OS COCORICOS B ESTAMOS TRABALLANDO OS OFICIOS DENTRO DO PROXECTO DE REDONDELA. O PRIMEIRO OFICIO QUE ESCOLLEMOS POR UNANIMIDADE FOI SER MAGOS.

ELOY, UN MAGO DA ZONA VISITOUNOS FAI UNS MESES E DEIXOUNOS MARCADOS… AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS VÍDEOS DO QUE NECESITAMOS PARA CONVERTERNOS EN MAGOS E A ACTUACIÓN DO MAGO ELOY Á QUE ASISTIMOS OS COCORICOS A E B!


Gael quixo agasallarnos cunha merendola moi sana, amorodos con azucre, por se non estaban moi doces. Mmmmm estaban boisimos!!! e algúns… ata repetiron!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow


A %d blogueros les gusta esto: