Despois de tantos días de preparativos e de espera por mor da choiva o desfile do cole de Reboreda tivo lugar este venres. Os máis peques da escola estaban moi ilusionados e xa tiñan gañas de verse caracterizados como o famoso “Mono Paco” de Redondela. As familias achegáronse ás aulas para axudar a vestilos e a maquíllalos e logo tamén nos acompañaron no pequeño percorrido que fixemos polos arredores da escola. Mirade que guapos e que ben acompañados estiveron os sapiens.

Anuncios