Archivo mensual: abril 2014

Unha vez máis, Dara recibíu un e-mail cheo de cousas bonitas. Nesta ocasión eninounos a facer empanada nun forno de leña e tamén quixo amosarnos as súas divertidas mascotas. Mirade con que soltura e ben facer contounos cada un dos seus recordos.

Anuncios

Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequeña homenaxe aos grandes escritores. Españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial.

Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora diferente e particular.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow customized with Smilebox

Aquí deixamos a mostra dos cocoricos A na celebración do día da árbore. Este ano fomos ó monte “Chan da Costa”.   A árbore que plantamos foi unha nogueira e aquí deixamos mostra do ben que o pasamos.

 

 


A Coca Simona víu cargadiña de cousiñas da casa de Gael, os seus recunchos favoritos de Redondela, fotografías e un fermoso traballo sobre a vendima. Aos poucos días o seu avó Manolo visitounos para compartir con todos nós os segredos da vendima. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos coa axuda do avó Manolo e de papá Alejandro.

E agora imos ensinarvos fotos e aparellos antigos da vendima.


Antes de marchar de vacacións de semana santa no cole, como un ano máis, xunto coas comunidades de montes e a ANPA todos os peques do cole celebramos o día da árbore, no monte “Chan da Costa”.

Nesta ocasión, os sapiens, prantamos unha ameixeira, Nerea Lorenzo recibíu un premio polo seu debuxo para o 2º concurso de “Arte libre nun monte limpo”, merendamos uns deliciosos bocatas e ricas mazás e logo, como remate final, xogos sen fin.


COMO EN CURSOS ANTERIORES, CELEBRAMOS ESTE DÍA DUN XEITO ESPECIAL NO NOSO COLE.
ESTE ANO O LUGAR ESCOLLIDO FOI “CHAN DA COSTA” A ONDE ACUDIMOS PARA PLANTAR AS ÁRBORES, DISFRUTAR DUNHA BOA MERENDA E DOS NOSOS DEBUXOS EN BOA COMPAÑA. GRAZAS A ASOCIACIÓN DE MONTES E AOS MEMBROS DA ANPA POR AXUDARNOS E ACOMPAÑARNOS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS E OS DEBUXOS DOS COCORICOS.

 



A %d blogueros les gusta esto: