Despois do entroido e de traballar a personaxe do “Mono Paco”, os sapiens tivemos a idea de decorar a nosa clase como se fose a selva do Brasil, onde vivía o famoso mono de Redondela. Fixemos uns móviles chulisimos con cariñas de monos, que colgan do teito da clase.

Tivemos que picar as partes da cara e para logo compoñer pouco a pouco, pegamos gomets nos ollos, trazamos un fermoso sorriso dun lado ao outro e ao final debuxamos moitos peliños ao redor da mesma, raia tras raia. Tamén enrugamos papel de estraza para facer unhas redondas bóliñas que serían os cocos das palmeiras cocoteras da nosa particular selva.

Anuncios