Archivo mensual: mayo 2014

Un ano máis participamos no concurso de vídeos de voz natura. O vídeo que escollemos para o concurso foi:

Necesitamos os vosos votos para iso tedes que entrar no facebook de voz natura no concurso de vídeos:
https://www.facebook.com/voznatura?sk=app_154581087931912
Ides ata o final da páxina e clicades onde pon participar votacións
VOZNAT
Entraredes onde están os vídeos dos coles. O noso vídeo é o primeiro da segunda páxina. Ao lado do vídeo tedes un cadro onde voTAR.VOZNATU

 

 

NON VOS ESQUEZADES TEMOS DE PRAZO ATA O 4 DE XUÑO.


Os nenos e nenas de 3º B son moi creativos e sempre andan argallando algo, nesta ocasión crearon adiviñas, pero… unhas adiviñas moi especiais, adiviñas de Redondela.

Pensaron que os pequenos sapiens non ían ser capaces de acertalas pero… que equivocadiños estaban, quedaron coa boca aberta cando estos pequenos investigadores ían acertando un a un, os seus orixinais acertixos.

Graciñas aos estes grandes escritores e a profe Lidia por compartir con todos nós estas adiviñas tan persoais. Noraboa!!!


A semana pasada, tivemos a ocasión de celebrar a semana das froitas. Foi unha semana de merendas diferentes, xa que non tivemos que levar o tentempé de media mañá porque no cole dábannos froitas diferentes cada día da semana. O luns comezamos polos amorodos, o martes tomamos mandarinas; o mércores, deliciosos plátanos; o xoves, ricas laranxas e o venres, rematamos a semana, comendo pequeniños albaricoques.

Para algún sapiens foi unha semana complicada, xa que non lles gustaba moito a froito pero iso si……….. todos probáronna e moitos repetiron.  Agora imos deixarvos unhas fotos moi deliciosas, mmmmm!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox

Max invitou a súa avoa Estrella, á clase dos sapiens, para que nos contase algo dunha empresa moi importante na historia de Redondela, a empresa de textiles de Regojo. Pero…. a avoa non víu soa, viña acompañada de Ana e Roi, e tamén de Ra (pero andaba un pouco agachadiño). A avoa dicía que estaba nerviosa pero nada diso…. fíxoo xenial!!!… e estivemos moi atentos porque era moi interesante todo o que nos dicía.

Parabéns avoa Estrella, eres un Tiempo (2)


O pasado venres, quixemos facer no cole de Reboreda unha xornada de xogos moi especial. Este ano todos quixemos aportar o noso graniño de area por unha boa causa, cambiamos os nosos xoguetes por unha doación moi especial ao banco de alimentos.

Comezamos o día dos xogos entregando miles e miles de alimentos nunha gran mesa solidaria e despois do recreo deu comezo a nosa especial e diferente xornada de xogos, na que soamente recibimos un pequeno e significativo agasallo por colaborar nunha misión  tan xenerosa. Xogamos á corda, á goma, á pesca das botellas, fixemos carreiras de sacos e de chapas, bailamos coa vasoira e coas patacas e para rematar… estivemos moi atentos no pequeno sorteo de agasallos de Margarida, no que saíu vencedor o noso intrépido Aarón.

Imos deixarvos algún recordos deses divertidos momentos.

 


Lucía estaba super nerviosa, cando recibíu un e-mail cheo de fotografías. Unhas eran dos seus recunchos favoritos de Redondela e de Reboreda, outras de María (a súa irmaciña) e as últimas das cousas divertidas que fai no seu tempo de lecer. Queredes ver que ben o fai esta simpática sapiens??? Pois atentos, atentos…. que o vídeo vai comezar!!!!

 


Os sapiens, despois dun duro inverno, xa están inmersos no coidado do noso pequeno horto. Neste curso quixemos unir o coidado do horto coa reciclaxe polo que, coa axuda das familias, recollemos un montón de botellas de plástico que estamos empregando para parcelar o noso pequeno recuncho verde.  Queredes ver que ben traballan xa estes pequenos agricultores, son todos uns profesionais!!!

NORABOA SAPIENS!!!

 



A %d blogueros les gusta esto: