Este ano quixemos celebrar, na escola, unha das tradicións máis populares do folclore popular da zona, “Os Maios”.

Nun par de días, tivemos que dar forma ao noso primeiro maio cos fiunchos, pampullos, margaridas, ovos, bugallos e flores variadas que todos os nenos e nenas da escola recolleron durante a fin de semana. Logo ensaiamos a toda presa unhas pequenas e sinxelas coplas para cantar ante todo o alumnado e profesorado.

Os sapiens, a pesar de estar moi nerviosos, cantaron tres copliñas, nas que fixeron referencias ao proxecto da nosa contorna. Case sen poder ensaiar así de ben o fixeron.

“Os sapiens de Reboreda
hoxe queremos cantar
unhas pequenas copliñas
neste maio singular.

Trouxemos flores e ovos
que collemos pola leira
e cun pouco de fiuncho
imos dar comezo á festa.

Redondela é unha vila
na que non faltan as lendas
cunha coca moi malvada
que collía só ás nenas”

Se queredes ver como fixemos todo este traballo imos deixarvos un pequeno vídeo con retazos destes momentos.

Anuncios