No mes de Maio estiveron de aniversario na clase dos sapiens: Martiño, Lía e Gabriel e na clase dos cocoricos A: Martín e Sandra.

Neste mes tentamos facer flores con galletas, chocolate e pauciños de pan. Cada un tentou facer o seu ramo pero pouco a pouco cada un foi deixando voar a súa imaxinación e comezaron a saír cousas moi interesantes: como animais mariños, vermes, bonecos e ata pitiños. Non o credes??? Pois atentos, atentos e mirade como crean estes pequenos cociñeiros.

PARABÉNS E MOITOS BICOS A: MARTIÑO, LÍA E GABRIEL (SAPIENS) E A MARTÍN E SANDRA (COCORICOS A)

Anuncios