Para rematar o proxecto: “Redondela, unha vila de lenda” quixemos facelo dun xeito especial, un divertido día na Praia de Cesantes coas illas de San Simón e San Antón enfronte. Xogamos a pataca quente, ao pañuelo con pelotas de tenis, ao aros e coa area. Logo merendamos a sombriña dunhas boas árbores e como remate final baixamos ata a beira para mollalos pés, coller algas e cunhas. Logo voltamos á area para secarnos e recoller. Pasáronsenos as horas voando!!! Xenial!!!

Anuncios