Archivo mensual: octubre 2014

Esta semana foi moi intensa e traballamos un montón. Fixemos uns simpáticos gorros de arañas e bruxas coa pegada das nosas mans. Mirade, mirade!!!

Anuncios

Un ano máis volvemos a facer talleres interciclos entre infantil e o primeiro ciclo de primaria. Este ano os Apolos e os Sapiens traballamos cos antigos Cocoricos que agora xa son uns chicos de primeiro. Aproveitamos para contar contos, pintar cabazar, debuxar contos de medo (nos vindeiros días xa volo amosaremos) e… facer fotos terroríficas.
Na biblioteca temos un marco e diferentes elementos para facer fotos de Samaín. Nos aproveitamos para facer fotos e lembrar este día de traballo común entre maiores e pequenos. Aquí as tedes, quedaron moi simpáticas.

 


Lembrades que outro día puxemos esta canción no blog? Xa vos comentei que quería ensinarvos que ben o pasamos bailando a canción. Aquí vos deixo un resumo de como o pasan.


Con pan tostado, kétchup, tiras de queixo e aceitunas, os peques de Reboreda fixeron unhas terroríficas momias de samaín. Anxo, Gorka, Alán, Paula, Javi e Max celebraron cunha divertida receita os seus aniversarios. Ahí vos deixamos unas poucas imaxes destes divertidos e grandes cociñeiros.


Os Apolos acompañamos a Anxo na celebración do seu aniversario xunto cos outros nenos de infantil que cumprían anos este mes. Aproveitando a proximidade do samaín fixemos unhas momias deliciosas. Aquí tedes un resumo de todo o que fixemos.
FELICIDADES ANXO!

 


Esta semana as pantasmas, monstruos, calacús, esqueletes… van rondar polo noso cole. Imos aproveitar estes días para traballar os medos e rirnos un pouco deles. Os Apolos estamos a preparar moitas cousiñas porque esta data préstase para traballos plásticos orixinais, para cantar, contar contos e moitas cousas máis.

Hoxe estivemos a facer monstruos e gustounos moitísimo. Podedes seguir xogando na casa clicando na imaxe.

MONSTRUOS

Sacamos o recurso do symbaloo feito por Patricia Pena onde compila unha chea de actividades de Samaín.

samainsymbaloo

E, por suposto, un ano máis estamos a bailar a canción de “Dentro del Castillo” Aquí a tedes para seguir escoitando na casa. Estes días veredes coma a bailamos na casa.

 

BO TEMPO DE SAMAÍN PARA TODOS.


Todos os días da semana, neste curso, na bibio imos ter direferentes actividades de animación á lectura e os venres teremos diferentes actividades que se preparen dende as aulas, como: contacontos, teatro, poesía, maxia, … Os últimos venres de cada mes estarán adicados aos concertos musicais. Nesta primeira ocasión, e para dar comezo a nova tempada da bibio, “Os Landriñas”, o pequeno grupo de pandereteiros e panderetairas da escola quixeron agasallarnos cun concertó moi especial. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deses minutiños de concertó na biblio. Noraboa Landriñas!!! Xa sodes todos uns artistas!!!

 



A %d blogueros les gusta esto: