Os Apolos xa están a pleno rendemento. A semana pasada Daniela estivo enferma e non viu ao cole asi que decidimos escribirlle un mail. Este é un xeito motivador de ensinar aos nenos a utilidade das letras a través dun elemento tan motivador para eles coma son os ordenadores.

O programa que uso cos nenos é o incredimail. Para usalo tedes que ter unha conta en gmail,hotmail,yahoo… e despois asociala a este programa. Esta xenial porque é moi visual, ten moitos emoticonos, permite grabar, firmar… Aquí vos deixo un titorial por se o queredes instalar na casa. Así despois xa podedes escribir cos vosos fillos ao noso mail: apolos.reboreda@gmail.com

Anuncios