Os Apolos seguimos a dar pasos no tema da arte. De momento estamos traballando diferentes técnicas plásticas. Aproveitando que estamos no outono estampamos follas e usamos para iso as cores coma amarelos, vermellos, laranxas e marróns. Dividimos unha cartoliña en duas partes e nun lado deixamos as follas pegadas e con esponxas coloreamos todo o fondo, ao levantar as follas quedounos a súa silueta. Aproveitando que tiñamos as follas pintadas de pasar as esponxas estampámolas no outro lado e así nos quedaron os nosos cadros otoñais.

Anuncios