Esta semana as pantasmas, monstruos, calacús, esqueletes… van rondar polo noso cole. Imos aproveitar estes días para traballar os medos e rirnos un pouco deles. Os Apolos estamos a preparar moitas cousiñas porque esta data préstase para traballos plásticos orixinais, para cantar, contar contos e moitas cousas máis.

Hoxe estivemos a facer monstruos e gustounos moitísimo. Podedes seguir xogando na casa clicando na imaxe.

MONSTRUOS

Sacamos o recurso do symbaloo feito por Patricia Pena onde compila unha chea de actividades de Samaín.

samainsymbaloo

E, por suposto, un ano máis estamos a bailar a canción de “Dentro del Castillo” Aquí a tedes para seguir escoitando na casa. Estes días veredes coma a bailamos na casa.

 

BO TEMPO DE SAMAÍN PARA TODOS.

Anuncios