Archivo mensual: noviembre 2014

Os sapiens aproveitan calquera ocasión para seguir creando, ata nos aniversarios de novembro deixaron voar a súa intrépida imaxinación. Mirade que cousiñas chegaron a facer despois das saborosas e divertidas eirugas deste novo obradoido de cociña.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design made with Smilebox
Anuncios

Este mes Carla e Ainoa xa entraron no clube dos 3 anos e así o celebramos.


Os sapiens están moi creativos últimamente. E quixeron decorar a súa clase con motivos de outono, como uns simpáticos mouchos. Para iso empregaron follas secas da contorna. Mirade que preciosos lucen do teito da nosa clase.


Todas as semanas xogamos ao xogo dos Apolos algún día da semana. David dicía que era moi fácil así que era hora de facer a segunda. Ademais, agora somos un máis, xa que esta semana a nosa familia medrou e agora somos 11. A nosa nova compañeira chámase Xiana.
Fixemos unha nova versión do xogo. O xoves xogamos na aula e despois de mellorar un par de cousas aquí volo deixo para que vaiades practicando na casa, nos seguiremos xogando no clase.

apolos 2


Estes pequenos-grandes artistas están descubrindo moitas cousas relacionadas co mundo da arte. Diferentes técnicas, diferentes estilos,… Nesta ocasión estivemos descubrindo a pintura de G. Arcimboldo, cadros cheos dos elementos da contorna: froitas, hortalizas, verduras,… creando con todos eles retratos moi orixinais. Os sapiens, quixeron imitalo un pouco creando uns divertidos autorretratos con elementos reais do outono, como son as follas secas. Queredes velos??? Pois mirade que quedaron uns autorretratos moi singulares.


A semana pasada seguimos traballando con Miró. Nesta ocasión estivemos falando e analizando a obra “El azul”. Despois de interpretar o que significaba decidimos facer a nosa propia versión. Miró usou a cor azul porque era a súa cor favorita, vivía nunha illa onde mar e ceo danse a man e por iso o usaba nas súas obras pero, que cor usarían os Apolos se eles fosen os pintores? Aquí vos deixo a resolución.


Os sapiens aparte de traballar a Miró tamén están inmersos nun millón de cousas. A semana pasada cando chegaron tiñan un novo xogo, chamado: “A fábrica das palabras”, é un novo recurso para introducilos no mundo da lectura e da escritura dun xeito lúdico e divertido. Imos deixarvos un pequeno resumo dos mellores xogos na fábrica. Agora todos queren ir ao recuncho dos contos porque escribir deste xeito é moito máis doado.



A %d blogueros les gusta esto: