Tamén pola semana do samaín, os sapiens, fixemos con materiais de refugallo diferentes seres terroríficos, como gatos negros, pantasmas e monstros. Empregamos os cartóns do papel hixiénico, bolsas brancas de plástico e outros adornos para embelecer as nosas personaxes de samaín. Cada un deles empregou os materiais e as técnicas que máis lle gustaban para darlle forma, como por exemplo: empregamos os pinceis, os corchos, goma eva, adornos brillantes,… Pasámolo xenial deixando voar a nosa imaxinación e creando estas divertidas personaxes. Mirade, mirade!!!

Anuncios