Os sapiens aparte de traballar a Miró tamén están inmersos nun millón de cousas. A semana pasada cando chegaron tiñan un novo xogo, chamado: “A fábrica das palabras”, é un novo recurso para introducilos no mundo da lectura e da escritura dun xeito lúdico e divertido. Imos deixarvos un pequeno resumo dos mellores xogos na fábrica. Agora todos queren ir ao recuncho dos contos porque escribir deste xeito é moito máis doado.

Anuncios