Archivo mensual: diciembre 2014

O último día, na clase dos sapiens, fixemos unha pequena merendola con algunhas das cousas que nos sobraron dos aguinaldos. Así que preparamos a mesa, merendamos e ao final bailamos os éxitos máis bailóns da actualidade. Mirade que ben o pasamos e que expertos bailaríns xa somos!!!

Anuncios

Antes de marchar de vacacións a ANPA do cole quixo deserxarnos un bo nadal cunha festa moi orixinal. Visitounos Papá Noel e un mago da animación fíxonos bailar sen parar. Ahí vos deixamos as fotos e vídeos para que vexades que ben o pasamos.


Papa Noel pasará esta noite polas casas para dar algún presente aos nen@s pero antes desta noite tan axitada fíxonos unha visita no cole e intercambianos impresións. Foi moi simpático e cordial e ata nos deu “gusanitos”. Despois aproveitamos para bailar e xogar.

FOI UN DÍA XENIAL!!!
NORABOA A ANPA PORQUE ESTE ANO A ANIMACIÓN FOI MOI BOA E OS PEQUES PASÁRONNO ESTUPENDO!!!


Os Sapiens xunto co seu anfitrión, Jose Luis, fixeron un montón de bonecos de neve para os aniversarios de Decembro. Con pan de molde, conos de millo, boliñas de chocolate e pauciños de pan demos forma dun xeito divertido a eses preciosos bonecos. Mirade canto traballaron e logo de que lindo gusto os comeron.


Estes días de Nadal na clase dos sapiens non paramos de traballar e fixemos varias cousiñas para decorar as nosas casas, como papá Noeis, árbores de Nadal,… Ahí vos deixamos algún deses momentos creativos.


Estas dúas últimas semanas foron moi intensas e fixemos unha chea de cousas na aula relacionadas co Nadal. Aquí tedes un pequeno resumo!


Esta semana estivo chea de grandes sorpresas e actividades. Nesta ocasión imos ensinarvos como foi a sorprendente e real visita dos Magos de Oriente á clase dos sapiens. Mirade que cariñas… estaban para comelos a bicos!!!!



A %d blogueros les gusta esto: