Seguimos traballando a arte pero neste caso asociada a época do ano na que estamos. Nesta ocasión fixemos unha árbore de nadal seguindo as técnicas dos círculos de Kandinsky e as ideas da páxina http://www.jennymurphydesigns.com/.
Quedounos moi simpática e os Apolos estaban encantados con ela. Ademais poderedes vela en papel porque é o aporte dos Apolos a postal de nadal que enviaremos as familias dende o cole.

Anuncios