Archivo mensual: enero 2015

Un mes máis os pequesreboreda celebramos os aniversarios do mes. Nesta ocasión non había ningún apolo de aniversarios pero participamos na festa dos nosos compañeiros facendo uns deliciosos osiños de pan e plátano.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free picture slideshow

Seguimos traballando a arte pero nesta ocasión xuntámolo coa ciencia para crear espirales de cor nun prato.
Hai moitas variantes desta experiencia que ides ver pero escollín está porque nela os nen@s tiñan unha participación máis activa.
Prestade atención!!!


Este ano para o día da Paz imos cantar a canción “Eu teño alguén no meu corazón” de María Fumaça que podedes atopar no seu último álbum: “Xiqui, xoque Fiú, fiú”, publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.


Despois do Nadal, os sapiens, estamos inmersos no mundo das matemáticas. Xogamos a contar, a seguir e completar a serie numérica, a emparellar o número coa súa cantidade, a facer as primeiras sumas,… Así dun xeito lúdico estamos a aprender moitas cousas. Mirade canto traballamos, de forma individual ou en equipo, porque tamén fixemos un circuito matemático, no que 5 equipos debían ir rotando por todos os xogos, durante uns minutos. Pasámolo xenial!!!


As familias estannos axudando moito co traballo sobre Kandinsky e  mandaron moita información para usar na aula. Entre esa información viñan fotos das obras e algunhas saían varias veces así que escollemos catro cadros de Kandinsky onde se usan elementos diferentes e llas presentamos aos nen@s.

A idea era facer unha historia partindo dos cadros e, a pesar de ter so tres anos e, en principio, non haber elementos comúns nas obras conseguiron fiar e facer unha historia simpática partindo destas obras:

Unha noite con lúa
kan circulos noche
Había un paxaro metido nun pozo ao lado dunha casa
O paxaro estaba cun calamar con bufanda
kan calamar

O calamar e o paxaro morreron en o ceo atoparonse cunha ra con bandeira de carreiras
kan animales noche

 Aquí tedes un pequeno resumo de coma o fixeron:


REUNION ENTROIDO


Aproveitando que estamos no inverno, os nosos artistas estiveron facendo cadros invernais. Para iso empregas diversas técnicas como estampar con esponxas e cortiza, facer texturas con papel de seda, usar elementos como botóns, paus… e, por suposto, pintar con pinceis. E así nos quedaron!!!



A %d blogueros les gusta esto: