Este Nadal estiven preparando diferentes materiais de xogo para sumerxirnos no mundo das matemáticas dun xeito máis lúdico e motivador. Nestes días estivemos xogando coa serie numérica do 1 ao 12 e coas cantidades. Asociamos a cada número a súa cantidade. Fixemos a serie numérica de menor a maior e de maior a menos. Tamén completamos as series dadas cos números que faltaban, estando moi atentos porque podía ser de pequeno a grande ou ao revés, de grande a pequeno. Pasámolo xenial e estivemos moi, moi atentos. Noraboa sapiens!!!

Anuncios