Este trimestre imos seguir traballando co proxecto da arte así que durante o nadal estiven dándolle voltas para crear un recuncho artístico na aula. A idea deste recuncho é que sexa un recuncho de xogo dirixido onde poidamos levar a cabo diferentes técnicas plásticas que moitas veces na aula por falta de tempo non podemos abordar. Así, os que queiran ir ao recuncho, cada semana terán un tema ao redor do que traballar. Ademais así tamén poderemos coñecer obras de outros artistas distintos aos que estamos traballando.
Esta semana comezamos e aprendemos a usar o pincel.
Aquí tedes un resumo. Xa vos iremos dando conta das obras que creemos no noso recuncho.

Anuncios