Archivo mensual: febrero 2015

Os Apolos e os Sapiens estamos moi emocionados porque comezamos un novo proxecto coas familias.

Este ano, aproveitando o tema da arte que estamos a traballar no centro, creamos un portfolio para os nosos pequenos artistas que irá a casa de xeito semanal para que os peques e as súas familias fagan unha obra de arte: pintura, escultura ou arquitectura, que logo traerán ao cole e que formará parte da exposición final que faremos ao rematar o curso. Para facilitar o traballo creativo as familias os nen@s, ademais do portfolio con información e soporte papel, tamén incorporamos un maletín con diverso material que se pode empregar para enriquecer as creacións.

Pero, ademais desta parte máis plástica, tamén propuxemos as familias unha parte máis artística, a semana seguinte de levar a maleta convidanos a familiares e amigos dos peques a que se acheguen a nosa aula e nos amosen algunha das súas destrezas artísticas. Esta é unha actividade voluntaria onde as familias pódennos contar contos, facer unha manualidade, tocar un instrumento, facer un taller de cociña… Buscamos abrir a nosa aula as familias para que poidan compartir connosco o placer que supón poder traballar a diario cun nen@s tan receptivos.

Aquí vos deixamos un wix con máis información sobre o proxecto.

wix arte

E unha vez máis, GRAZAS A TODOS POR COLABORAR!!!


A semana pasada, dentro da nosa mistura entre ciencia e arte, fixemos pintura caseira comestible (non a comemos pero non é tóxica)

Para facer a pintura precisamos:


– 2 CUNCAS DE FARIÑA DE MILLO

– 1 CUNCA DE AUGA QUENTE

– 4 1/2 CUNCAS DE AUGA QUENTE

– COLORANTE ALIMENTARIO

A preparación tédela no vídeo. O día que o fixemos esquecín un bol e o batedor na casa así que o sitio onde o fixemos non era axeitado e quedou moi líquida pero, nun bol amplo e con batedor queda cun espesor bo para poder pintar.

Inda así xa veredes que os Apolos o pasaron moi ben.

E seguides atentos porque a vindeira semana imos pintar con espuma de barbear!!!

 


Estes meses de inverno fixemos algunhas creacións artísticas moi xélidas. Fixemos uns divertidos pingüíns e unas orixinais bólas de neve. Mirade que resultado máis bonito quedou.


Este ano o eixe do noso particular desfile foi a arte e os peques do cole quixeron facer unha pequena homenaxe ao cadro máis bonito do mundo. Os Xirasois homenaxearon a Van Gogh, os Apolos a Kandinsky, os coquiños a Mondriani e os sapiens a Miró. Traballamos moitisimo e así de fermosisimos lucimos os nosos orixinais cadros.


Un curso máis pedímoslle axuda ás familias para facer os nosos disfraces, polo que organizamos una serie de obradoiros onde as familias aproveitaron para coñecerse un pouco mellor e outras veces para traballar ao carón dos peques deixando voar a súa imaxinación e creatividade, xa que este ano os disfraces dos sapiens eran 100 por 100 traballo dos peques e das súas creativas familias. Mirade que cadros de Miró tan orixinais e coloridos nos quedaron!


Van rematando estes días de descanso pero quedábanos pendente amosarnos o ben que o pasamos o pasado venres antes do desfile. Despois das rutinas da mañá vimos un capítulo de Peppa Pig onde se poñían roupa de papá e mamá que había nun baul.

E resulta que na clase dos Apolos había un baul con disfraces do que nunca nos deramos conta, así que investigamos o que había dentro e comezou o noso particular desfile de disfraces. Os Apolos pasáronno xenial, bailamos, rimos, xogamos ao pilla-pilla… e despois de tanto esforzo merendamos unha riquísimas ourellas coas que nos agasallou a ANPA.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox

Collede forzas porque mañá volvemos ao cole!!!


O entroido é unha festa que nos encanta. Durante a semana seguimos as ordes do Meco. Todos viñemos moi guapos!!!
Aquí vos deixamos un resumo.



A %d blogueros les gusta esto: