Estes días estivemos moi entretidos preparando varias actividades de amizade para o día da paz. Comezamos preparando o noso trociño de corazón para o mural do cole coas cousas máis bonitas que levamos no noso corazón, tamén aproveitando que na biblioteca do centro ían facer caramelos da paz con bonitas mensaxes para os amigos, os sapiens crearon uns orixinais caramelos, con sabores moi especiais e cunha mensaxe no interior moi tenra. E chegado do día 30 de xaneiro finalizamos os actos cunha sinxela frase de paz. Ahí vos deixamos algún deses momentos.

Anuncios