Os Apolos seguimos a traballar sobre Kandinsky e levamos varios días con algunhas das súas obras máis significativas. Vimos vídeos onde facían reproduccións do cadro dos círculos con diferentes técnicas, vimos diversas actividades e, finalmente, decidimos facer a árbore pero empregando técnicas diferentes porque nos permitía poder traballar todos ao mesmo tempo, pintar, picar, pegar…
Elaboramos catro árbores.
A primeira fixémola picando círculos de diferentes cores que fomos superpoñendo nunha árbore que pintamos de cor marrón.

A segunda árbore fixémola usando as playcolor. Cada un dos Apolos foi facendo os círculos ao seu xeito. Despois recorteinos e foron pegándoos nunha árbore que pintaron de cor negra.

A terceira árbore fixémola con xornais vellos. Para os círculos empregamos a técnica do estampado. Cada Apolo foi estampando nunha cartoliña de cores tapas e tapóns de diferentes tamaños. Despois de deixalos secar, cada un pegou o seu círculo onde máis lle gustou.

A última árbore fixémola empregando as nosas fotos. Usamos círculos de diferentes cores, tamaños e texturas e pegamos dentro a nosa foto. A árbore fixémola con papel contínuo vermello.

kandinsky wix
E aquí tedes un resumo de coma o fixemos.

Anuncios