Aínda que ultimamente publicamos moito sobre a arte non é o único que facemos ao longo das cinco horas, así que hoxe imos amosarvos un pouco do noso traballo sobre lectoescritura. Coma xa falamos en anteriores ocasións os referentes que usamos son os nosos nomes. Neste trimestre estamos traballando o nome completo, non so a inicial coma faciamos no primeiro trimestre. Nas nosas fichas individuais sempre tentamos escribir o noso nome, cada un ao seu xeito, nas rutinas contamos as letras do nome, levamos a nosa inicial ao seu sitio e imos vendo todas as letras que os forma… E tamén aproveitamos para facer uns bonecos de neve moi orixinais, pasounos a idea a profe Rosa que mirouna na rede e encantounos. Primeiro preparamos a cara do boneco traballando a motricidade fina, despois sellamos coas letras o noso nome, cada letra nun círculo branco e despois fómolos pegando en papel contínuo de menor a maior. Con esta actividade reforzamos o traballo diario das rutinas e podemos nun so golpe de vista ver cal é o nome máis curto, o máis largo, ver cantas letras se repiten, que nenos teñen a mesmo número de letras no seu nome…

Anuncios