Archivo mensual: marzo 2015

Durante este trimestre, ademais da arte, os APOLOS estivemos traballando moito co noso nome. Recollemos todo ese traballo nun libro que levamos para casa onde podemos repasar o feito e montar e desmontar o noso nome. Os Apolos fixeron un traballo incrible, mirade, mirade!!!


Nesta ocasión, os peques de Reboreda, nos aniversarios de Marzo prepararon froita bañándoa en mousse de chocolate. Pero primeiro tivemos que preparar as coroas, logo picar a froita, arranxar as bandexas e por último……. comer e meter os dedos para… “lambonear”, jejeje. Mirade que ben o pasamos!


Esta semana tivemos a visita de Lula, Eli e Blanca que viñeron a amosarnos toda a súa arte. Empezaron ensinándonos a bailar o “Chuchuwa” e “A Mané“, foi divertidísimo e bailamos con moitísima entrega. Pero aínda había máis sorpresas, fixemos un pequeno taller de cociña: unhas deliciosas brochetas de chuches. A quen non lle gustan!!! Cada Apolo e cada Sapiens fixo a brocheta coas chuches que máis lle gustaban e quedaron moi coloridas. Estaban delicosas e, coma trouxeron tantas chuches, inda pudiemos facer unha segunda brocheta para poder levar a casa.
Foi unha xornada estupenda e todos o pasamos moi, moi ben.

MOITÍMAS GRAZAS A LULA, ELI E BLANCA POR ACEPTAR A NOSA INVITACIÓN E POR PREPARAR TODO O TALLER PARA OS APOLOS E OS SAPIENS,

 FOI UN PLACER TERVOS NA NOSA AULA!!!

 


Enzo recibíu un e-mail cheo de fotos da súa excursión familiar pola Coruña. Para esta ocasión eleximos as fotos do Acuarium e do museo da Domus. Enzo medrou tanto que explicou todo con moito detalle cada unha das fotografías porque eran moi significativas para el. Queredes ver o ben que o fixo??? Pois atentos, atentos que isto vai comezar!!!


OLYMPUS DIGITAL CAMERA O portfolio dos artistas segue visitando as casas dos Apolos. Estas semanas estivo na casa de Marcos e Xiana e tamén na de Manu. E os pequenos artistas, en colaboración coas súas familias fixeron unhas obras preciosas e así no lo contaron.


Hugo e a súa familia fixeron botes de sal pintada. Cadros moi fermosos feitos cunha técnica moi orixinal.

Hugo explicou moi ben todo o proceso de elaboración dos seus singulares cadros, que estaban feitos cuns materiais moi particulares y nun soporte moi orixinal, un bote de cristal. Mirade os cadros tan orixinais de Hugo!!!


Esta semana no recuncho da arte estivemos estampando coas nosas mans e cos dedos. Aproveitamos para facer flores de diversos tipos e logo con gomets puxémoslle un marco as nosas obras.



A %d blogueros les gusta esto: