Os Sapiens xa están embarcados na súa nova aventura, cos seus amigos os Apolos, “Unha familia chea de artistas”. A semana pasada Martiño foi o encargado de levar a maleta de arte a súa casa e alí traballaron un montón e dunha forma moi orixinal. Fixeron unha praia con pan raiado, témperas sólidas e tips de fécula de pataca. Unha chulada!!!

A maleta quedóunos moi bonita, empregamos manchas que fixemos con témpera moi líquida que corría pola folla gracias aos sopridos dos sapiens con unha palliña. Foi moi divertido ver como corrían as manchas como se fose unha carreira de cores.

Anuncios