OLYMPUS DIGITAL CAMERAXa vos explicamos fai uns días que iniciabamos novo proxecto. A nosa maleta xa saiu do cole e coma non, retornou cargada de experiencias, ideas e emocións.

Daniela foi a primeira en traer a súa creación artística, “O universo de Daniela”, un precioso cadro cheo de planetas feitos con bolas de polispán e servilletas de papel decoradas.  Ademais Daniela fixo pola súa conta a súa versión do universo e  explicounos moi ben ao resto coma o fixeron.

Cada obra leva consigo unha invitación a nosa aula. Charo, a mamá de Daniela, aceptou esa invitación e veu a ensinarnos a súa arte musical, xa que, sabe tocar a gaita. Foi unha xornada moi intensa onde falamos, aprendemos, traballamos na mesa e levamos un punteiro para casa.

Aquí vos deixamos un resumo de coma foi:

MOITÍSIMAS GRAZAS A CHARO POR VIR E, AO RESTO, A PORTA DA AULA ESTÁ ABERTA, AGARDÁMOSVOS A TODOS!!!

Anuncios