Os Sapiens cada día están máis inmersos no mundo da lectoescritura e para axudarlles un pouquiño máis, ideamos un divertido libro de palabras, no que ler pode ser unha actividade moi entretida.

Nesta ocasión fixemos un libro-xoguete no que aparecen as palabras fragmentadas en sílabas e nós temos que ir compoñendo ata atopar a palabra correcta. Pouco a pouco irémolo complicando para que esté adaptado a todos os niveis madurativos dos peques. Comezamos por palabras moi sinxelas e con sílabas facilmente recoñecibles e en maiúsculas, logo aparecerán as sílabas inversas e trabadas para chegar a traballar-xogar coas minúsculas.

Ademáis irá viaxando pouco a pouco polas casas dos sapiens, porque na casa tamén podemos gozar de pequenos momentos de lectura.

Mirade que ben o pasamos con este novo recurso!

Anuncios