O pasado 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora e dende o equipo de biblioteca propúxenos facer un mural sobre algunha muller artista para poñer na entrada da biblioteca e destacar o papel da muller na arte.

Os Apolos investigamos a Camille Claudel e descubrimos que era escultora que comezou a súa carreira artística de nena xogando co barro. Así que primeiro fixemos un mural onde pegamos as cousas que fomos aprendendo de Camille para poñelo na biblioteca.

Despois chegou a mellor parte, aproveitando que usamos a arte para investigar e que Camille nos ensinou unha disciplina nova dentro do eido artístico fixemos un taller de creación libre con barro. Primeiro falamos do barro e despois cada un fixo a obra que quixo. Deixamos secar uns días e logo pintamos. Os Apolos pasáronno moi ben, gustounos tanto que esta semana imos seguir pescudando con outros materiais que se poden esculpir, xa vos contaremos.

Anuncios