A semana pasada os Apolos e os Sapiens xunto cos nosos compañeiros de primaria recibimos unha visita moi especial. O comité científico de Voz Natura pasou polo noso cole para ver coma levamos o proxecto deste ano. Os maiores falaron do seu proxecto das patacas, tamén das setas que teñen plantadas na aula, os Sapiens ensinaron os seus tomates e os Apolos os nosos allos e cebolas. Agora temos que seguir traballando para a exposición de final de curso e para poder disfrutar da festa un ano máis. Xa vos daremos máis detalles!!!

Anuncios