Esta semana tivemos a visita de Lula, Eli e Blanca que viñeron a amosarnos toda a súa arte. Empezaron ensinándonos a bailar o “Chuchuwa” e “A Mané“, foi divertidísimo e bailamos con moitísima entrega. Pero aínda había máis sorpresas, fixemos un pequeno taller de cociña: unhas deliciosas brochetas de chuches. A quen non lle gustan!!! Cada Apolo e cada Sapiens fixo a brocheta coas chuches que máis lle gustaban e quedaron moi coloridas. Estaban delicosas e, coma trouxeron tantas chuches, inda pudiemos facer unha segunda brocheta para poder levar a casa.
Foi unha xornada estupenda e todos o pasamos moi, moi ben.

MOITÍMAS GRAZAS A LULA, ELI E BLANCA POR ACEPTAR A NOSA INVITACIÓN E POR PREPARAR TODO O TALLER PARA OS APOLOS E OS SAPIENS,

 FOI UN PLACER TERVOS NA NOSA AULA!!!

 

Anuncios