Archivo mensual: abril 2015

Os Sapiens e as súas familias non paran de crear. Nesta ocasión Julia fixo unha fermosa bailarina con papel maché e purpurina. Como unha gran artista, Julia foi contándonos pasiño a pasiño todo o proceso de elaboración da súa obra artística. Mirade que ben explicou todo!


Seguimos coidando aos vermes de seda. Estamos aprendendo unha chea de cousas sobre eles. Esta semana aprendemos que mudan de vestido e que hai vermes de diferentes tipos, en concreto de tres: cebrados, brancos e exipcios.
Empezamos a experiencia con 12 vermes pero quedaron so 6 así que esta semana conseguimos outros seis vermes máis.
Aquí tedes un resumo, mirade as caras dos Apolos e que atentos están. Encántanme cando quedan así de fascinados con algo!!


Daniel, trouxo unha gran obra artística, unha maqueta do fondo marino. Fíxoo con tips de pataca, con moita paciencia e cariño foron pegando cada unha das pezas para dar forma a un peixe paiaso, algas, flores mariñas, estrelas de mar e ata un polbo con gafas, jajajaja. Traballou toda a familia, uns dando ideas e outros compoñendo cada uns dos elementos mariños deste mar tan singular. Mirade e estade atentos ás explicacións de Daniel para ensinarnos como se fixo!!!


A pesar de que este trimestre temos moitos frontes abertos, os Apolos siguen indo semanalmente ao recuncho da arte. Inda non conseguín que traballen sos pero, pouco a pouco, van saindo cousas. Estes días experimentaron con esponxas, estamparon e xogamos a facer debuxos máxicos. Si, si, máxicos. Probade a debuxar cunha cera branca nun folio, que acontece? Pois que o debuxo non se pode ver. Que podemos facer para que ese debuxo se vexa? Atentos!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow generated with Smilebox

Un ano máis celebramos o DÍA DA ÁRBORE xuntamente coas Comunidades de Montes e a ANPA do centro.Este ano tocounos subir a San Martiño. Aquí vos deixo un resumo.


Os Sapiens, xa son todos uns expertos plantadores de árbores, este é o seu terceiro ano e iso xa se nota, jajajaja. Plantamos, recollemos premios, merendamos e xogamos un montón. Ahí vos deixamos fotiños deses momentos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow

Os Sapiens, tamén saíron aos corredores e leron sen parar durante a hora de ler nun día moi especial, 23 de Abril, día do libro. Ahí vos deixamos uns retaciños deses momentos. Noraboa a todos os peques e ás súas familias por compartir estes minutiños con todos nós e amosarnos que os “maiores” tamén veñen ao cole a ler.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox


A %d blogueros les gusta esto: