Empeza o terceiro trimestre e a miña idea era que os Apolos fosen ao recuncho da arte sos despois de todas as técnicas aprendidas no segundo trimestre pero, de momento, eles prefiren que eu lles propoña a actividade así que esta semana decidimos facer unha árbore primaveral coa silueta das nosas mans. En principio era unha actividade sinxela que fixen para saír do paso porque non tiña nada preparado e, encantoulles. De feito, o venres poden escoller o recuncho de xeito libre e moitos quixeron volver a pintar as mans así que tivemos que traballar nas nosas mesas en lugar de traballar no recuncho. Aquí vos deixo un pequeno resumo.

Anuncios