Coma xa vos adiantamos fai uns días, a semana pasada veu de convidada a aula Marta, a mamá de Ainoa e Carla. Resulta que é unha artista facendo flores de papel e despois de facer unhas plantas floridas preciosas con Carla e Ainoa, veu a aula a ensinarnos aos Apolos e aos Sapiens a facer flores. Xa veredes no vídeo que atentos están todos ao proceso. Despois cada un fixo a súa flor para levar para casa e, ademais, Marta inda tiña unha sorpresa máis.

MOITÍSIMAS GRAZAS A MARTA POR VIR AO COLE E COMPARTIR CONNOSCO UNHA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA. UNHA VEZ MÁIS ESTIVEMOS ENCANTADOS DE RECIBIRTE!!!

Anuncios