Archivo mensual: mayo 2015

Íker e a súa familia quixeron sorprendernos cunha obra de arte moi fresquiña, un iglú cheo de pingüíns. Empregaron diferentes materiais e técnicas plásticas, como a papiroflexia. Mirade como o fixeron e que ben explicou todo o proceso o noso sapien máis maior.


OLYMPUS DIGITAL CAMERAFai unhas semanas tivemos outra visita das familias dentro do proxecto do portfolio. Esta volta tocouno aprender moitas cousas dos títeres co tío de Mauro, que veu a aula moi ben acompañado. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas dos títeres e, aínda que non se ve no vídeo, ao final puidemos tocalos e manipulalos un ratiño. Foi xenial.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ANDRÉS POR VIR A NOSA AULA E EXPLICARNO TODO TAN BEN.

Pero, Andrés, antes de marchar propúxonos e, aproveitando que faltaba pouco para o festival de títeres de Redondela, nos animaramos e fixeramos uns títeres na aula, e, como somos moi ben mandadiños, esta semana puxémonos mans a obra e isto foi o que nos saiu.


Ana andivo dándolle voltas a súa cabeciña para facer una obra de arte moi especial, empregando materiais de refugallo e da contorna. E como estabamos en primavera quixo agasallarnos cunhas flores de papel. Mirade que doado é facelas, soamente temos que seguir as indicacións que nos deu Ana. Parabéns para Ana e a súa familia por unha obra tan orixinal.


Recibimos un e-mail cheo de fotos para Javi e Paula. Ensináronnos as cousas que máis lles gustan e tamén nos presentaron a algúns membros da súa familia. Mirade que ben o fixeron esta parelliña tan divertida.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA O portfolio visitou fai varias semanas a casa de Marcos e Xiana pero por problemas de axenda tivemos que deixar o taller ata fai uns días. Viñeron ao cole Marta e Sofía, as educadoras. Aproveitaron a visita para ensinarnos a súa arte, sabedes cal? Contar contos que saen da “cabeza” de Marta.

Marta contounos a historia de Santi e o cabaliño de pau e despois construimos os cabaliños. Marta e Sofía traian todas as bocas, ollos, orellas e cabeleiras preparadas para os 36 nenos, así coma as botellas de plástico. Así que fixemos catro grupos e seguindo as indicacións de Marta e Sofía fixemos os cabaliños.

Os Apolos e aos Sapiens pasáronno xenial.

MOITÍSIMAS GRAZAS A MARTA E SOFÍA POR ACOMPAÑARNOS E TRAER UN TALLER TAN CHULO PARA FACER NA AULA.

 


Seguimos coidando os nosos vermes e xa están enormes. A verdade é que non nos dan máis que satisfaccións, os Apolos están aprendendo moitísimo con eles, sobre todo, a nivel sensorial e experimental.
No vídeo podedes varias cousas, entre elas coma interactúan con eles. Eu tento manterme á marxe todo o posible. Filmeinos en varios momentos e podedes ver as súas caras e coma exploran sos. Realmente da gusto velos tan implicados.


Os Sapiens, son grandes artistas na pintura, na escultura,… e agora tamén son grandes creadores de historias. Coa axuda da “Fábrica dos contos” é moi divertido dar forma a orixinais historias con divertidas personaxes de conto, nuns lugares máxicos e cuns obxectos moi especiais. Escoitade a divertida historia da princesa e o seu agasallo máxico. Noraboa Sapiens!!! Seguide sendo sempre tan creativos!



A %d blogueros les gusta esto: