Facía tempo que a horta de infantil precisaba dunha posta a punto. Despois de adecentala un pouco o xoves os Apolos fomos plantar tomates. Para facelo usamos rollos de papel hixiénico para que nos quedasen ben dereitos. Ademais, ao rematar recollemos follas de magnolio que había polo patio para facer acolchado e que non nos medren malas herbas. Este acolchado tamén nos serve coma abono orgánico a medida que as follas van pudrindo. Por outra banda, se vedes nas fotos fixemos parcelas para plantar e usamos botellas de plástico para delimitalas, polo tanto, estamos usando material de refugallo para crear un espazo de cultivo eficiente e en consonancia co medio ambiente.
Mentres estabamos plantando os nen@s déronse conta de que había unha chea de amorodos polo chan plantados en anos anteriores así que os recollemos e na clase demos boa conta deles.

Anuncios